BÁDMINTON: REGULAMENTO, TÉCNICA E TÁCTICA

 

                               BÁDMINTON: REGULAMENTO, TÉCNICA E TÁCTICA 







I. ORIXE E HISTORIA DO BÁDMINTON. TRAXECTORIA DO BÁDMINTON ESPAÑOL


Se queremos coñecer a historia do bádminton actual debemos ir ata India. Esta disciplina deportiva ten a súa orixe nun xogo que recibía o nome de "Poona", nome dunha cidade ubicada ao oeste do estado de Maharastra (India) onde era xogado. Coa ocupación británica algúns oficiais do exército viron o xogo e introducírono en Inglaterra ao redor do ano 1873. Pero non foi ata principios dos anos 70 do século XX cando o bádminton chegou a España. Na actualidade a FESBA (Federación Española de Bádminton) fundada no ano 1985, é o máximo organismo nacional desta disciplina e é presidida por Andoni Azurmendi Ibarrolla. Se analizamos a traxectoria deste deporte no noso país unha persoa sobresae como un dos máis ilustres xogadores: David Serrano Vílchez, quen acadou sete campeonatos de España entre 1990 e 1996 e foi o primeiro xogador de bádminton español en participar nos xogos olímpicos de Barcelona (1992). 







II. INSTALACIÓNS E MATERIAL



CAMPO DE XOGO: 


O campo de xogo de bádminton ten as seguintes dimensións:

- Para xogos dobres: 13,40m de longo por 6,10m de ancho.
- Para xogos individuais: 13,40m de longo por 5,18m de ancho


O campo de xogo é rectangular e ten unhas dimensións de 13,40m de longo, tanto para xogos individuais como dobres, e 6,10m de ancho  para individuais e 5,18m para dobres, respectivamente. A estructura do campo de xogo divídese do seguinte xeito: o campo atópase dividido en dúas partes delimitadas pola rede. Unha rede apoiada en dous postes, un en cada extremo, e que debe ter unha altura de 1,55 m. Preto da rede atópase, a cada lado do campo,  a línea de servicio corto, área de 1,90m de ancho e que debe estar perfectamente delimitada por líneas de cores vivas: brancas ou amarelas. 


O MATERIAL:

1. O volante: O volante ou "pluma" usado en bádminton é un accesorio de plástico con forma de cono e de peso lixeiro (entr 4,74 y 5,50 gr.), está constituído por 16 plumas fixadas a unha base de plástico. Características que permiten a súa rápida movilidade durante o lanzamento.




2.  A raqueta: de peso tamén lixeiro (70-100g), está fabricada con materiais como fibras de carbono, que teñen unha gran resistencia, ainda que tamén as hai de aluminio, grafito ou as máis antigas de madeira. O obxectivo da súa lixereza é permitir unha mellor transmisión da forza cinética empregando ,prácticamente, a muñeca. Está constituída por tres partes:

  • Cabeza: de forma ovalada, é a parte coa que se golpea directamente ó volante.
  • Varilla: Une a cabeza có mango. É máis fina que noutros tipos de raqueta, e mide  uns 20 cm. 
  • Mango: É a parte pola que se agarra a raqueta, pode ser de distintos materiais (aluminio, madeira... etc...) e está recuberta de cinta de tela para mellorar o agarre e evitar que a raqueta resbale das máns. 




3. Vestiario: O calzado, con suela antideslizante, debe estar reforzado polos laterais para permitir os movementos característicos propios desta disciplina deportiva. Canto a vestimenta debe ser lixeira e folgada, permitindo unha correcta transpiración e amplitude de movemento. 




                        Carolina Marín, 15 de junio de 1993 





III. REGULAMENTO DO BÁDMINTON. 

  
REGLAS BÁSICAS.

- O volante debe cruzar a rede e  tocar o chán do  campo contrario para marcar punto. 
- O saque é realizado polo equipo que marca punto e nos equipos de parellas existe rotación. 
- O saque debe realizarse cruzado e por debaixo da cintura. 
- Realízase o saque dende o lado esquerdo se a puntuación é impar e do lado dereito se é par. 
- O partido xógase a tres sets, resulta victorioso o equipo que gañe dous sets. 
- Cada set dispútase a 21 puntos, gañando cunha diferencia de 2 puntos. Se se mantén o empate gaña o equipo que chegue antes aos 30 puntos. 



CONSIDÉRASE PUNTO PARA O EQUIPO CONTRARIO CANDO.

- O volante ou pluma cae en propio campo. 
- Se ao lanzar o volante, este cae fóra de campo.
Se o volante pasa por debaixo da rede.
- Se o xogador toca a rede ou invade campo contrario coa raqueta ou co propio corpo. 
- Se un xogador golpea dúas veces o volante. 


 FALTAS EN BÁDMINTON.

- O volante non pode caer fóra de campo. 
- Realizar servivo fóra da zona de saque correspondente.
- Enviar saque fóra da área de saque contraria. 
- Realizar servizo co volante por riba da altura da cintura.
- Tocar a rede coa raqueta.
- Tocar a rede ou os soportes da mesma.
- Se o volante é golpeado varias veces de forma consecutiva polo mesmo xogador.



IV. TÉCNICA DE BÁDMINTON. 


1. O SAQUE:

1.1 Saque individual: 

- O saque faise en diagonal e o xogador encargado de realizalo debe colocarse na área de servizo, co volante e a raqueta por debaixo da cintura. O xogador que recibe colócase na zona de saque oposta. 

- O xogador que realiza o saque debe evitar pisar as líneas que delimitan a zona de saque.  

- A medida que se van marcando puntos, se o equipo que realiza o saque ten unha puntuación de número par, debe realizar o servizo dende o lado dereito do campo. Se polo contrario, a puntuación é impar deberá realizar o servizo dende o lado esquerdo. 

1.2. Saque dobre:

- Cando comeza o partido escóllese que xogador da parella se encarga do saque e cal da recepción. O xogador encargado do saque sitúase á dereita do campo e o que recibe á esquerda. Os outros dous xogadores deben colocarse sen bloquear a visión dos xogadores implicados na recepción e no saque. 

- Se o equipo que realiza saque anota punto volve a realizar sauqe o xogador que o fixera anteriormente, no lado esquerdo ou dereito, dependendo de se a puntuación é impar ou par. Os recpetores manteñen a súa posición. 

- Se o equipo que recibe suma punto, pasa a realizar o saque. Realiza saque o xogador que se atope no lado do campo correspondente segundo puntuación par ou impar. 









2. GOLPES BÁSICOS DE BÁDMINTON:

Podemos dividir os golpes en ofensivos e defensivos: 


2.1. OFENSIVOS:  Drop, Smash.  

  • Drop ou deixada : Este golpe realízase dende o fondo da pista partindo da misma posición que o clear.  O volante segue unha traxectoria descendente e orientada o máis próxima posible á rede ou a linea de saque do contrario. Con este saque búscase marcar punto e atraer o rival a rede. Outra variante do drop é o net drop e é executada co xogador próximo a rede levando a cabo un golpe con traxectoria tamén descendente. O obxectivo deste golpe é atraer ao contrario cara a parte dianteira da pista, deixando libre a parte traseira para facilitar, deste xeito, o ataque. 

  • Smash ou remate: Con este saque tamén se parte dunha posición semellante ao clear pero neste caso séguese unha traxectoria descendente envíando o volante a máxima velocidade hacia ó chán. Algúns xogadores ao realizar este saque, para aumentar a potencia de ataque, realizan un salto. O smash ten como obxectivo marcar punto directo ou debilitar o golpe defensivo do contrario. 



2.2. DEFENSIVOS: Clear, drive y lob.

  • Clear: Este golpe realízase dende o fondo da pista co volante seguindo unha traxectoria parabólica moi elevada  dende o final da  propia pista ata a parte posterior da pista contraria. Con este golpe búscase desplazar ao contrario ata o fondo da pista deixando aberta a parte dianteira do campo e ademáis o xogador que executa este golpe busca recuperar a sua posición central, cubrindo todas as zonas da pista.

  • Drive: Este é un golpe defensivo que se leva a cabo dende a metade da pista. Neste caso o volante que se dirixe cara media pista e parte posterior do campo contrario, segue unha traxectoria plana. É un golpe no cal o volante segue unha traxectoria paralela-descendente e pasa moi preto da rede. 

  • Lob: Neste caso o golpe efectúase preto da rede, na parte dianteira da pista, e vai dirixido hacia o fondo da pista do rival. Execútase a baixa altura, de dereita ou do revés, e segue unha traxectoria parabólica. Con este golpe búscase enviar ao rival ao fondo da pista e recuperar a posición. É polo tanto un golpe empregado para dificultar e ralentizar o ataque do rival e para posicionarse para recibir o próximo golpe, en caso de atoparse fora de posición.   








V. TÁCTICA DE BÁDMINTON. 

Dacordo ao diccionario galego da xunta podemos definir a táctica como "o procedemento que se emprega para conseguir un  obxectivo". A táctica é, polo tanto, un proceso no cal se encamiñan todas as habilidades físicas e psicolóxicas cara a consecución dun obxectivo;  neste caso, a vitoria respecto ao rival  a través da consecución de puntos nos distintos sets. Resulta de vital importancia coñecer a técnica deste deporte, pois a través do coñecemento dos aspectos técnicos podemos facilitar o noso proceder e dificultar o desempeño do rival. No badminton, ao igual que noutras disciplinas deportivas, poden xurdir situacións non agardadas ou que poden ser consideradas como desfavorables para un mesmo, polo que entender os aspectos defensivos e ofensivos é fundamental para saber adaptarse a estos imprevistos. Porén, aínda que o obxectivo será sempre desestabilizar, confundir e facer predicible as accións do rival, non todos os xogadores responderán do mesmo xeito convertendo a táctica nalgo propio e personal. 


A táctica, é ademáis un aspecto do deporte intímimamente ligado co entrenamento. Pois a través do entrenamento o xogador ou xogadora coñece e interioriza aspectos técnicos que determinan a súa reacción ante o rival, convertíndoos nun deportista  máis competitivo, eficiente e veloz.  No bádminton existen unha serie de aspectos técnicos que poden convertirnos en xogadores máis áxiles e capaces e que poden dificultar e ralentizar a actuación do rival: 



1. Xogo individual: 


Principios básicos:

1. Realizamos lanzamentos que fagan desplazarse ao adversario en todas as direcciones (aspecto ofensivo). 

2. Evitamos unha actuación apresurada e irracional. Debemos ser conscientes de todos os nosos  movementos  e as súas  consecuencias no xogo. (aspecto ofensivo-defensivo). 

3. Debemos buscar a defensa de todas as áreas do noso campo, especialmente aquelas zonas que resultan máis receptivas a un posible ataque. (aspecto defensivo)

4. Debemos ter en conta cales son os puntos débiles do rival e saber aproveitar a situación. (aspecto ofensivo). 

5. Poñer en práctica o xogo cruzado e o xogo en paralelo. Desta maneira entorpecemos e ralentizamos a reacción do rival. 










2. Xogo de dobles:


Principios básicos:

1. Un bo saque influirá en gran medida na eficacia ou inefacia do xogo. 


2. Faite co control da área de rede. Pois desta maneira poderás por en práctica unha defensa máis eficaz, evitando golpes como o lob ou a deixada, e efectuando ataques máis sorpresivos para o rival. 

3. Debemos xogar de maneira rauda e veloz, pero sen perder de vista os aspectos técnicos. Neste caso haberá que defender o propio campo do ataque efectuado por dúas persoas. 

4. Buscamos as áreas vulnerables do contrario e diriximos o noso ataque a esa zona. Debemos aproveitar os puntos débiles do rival. 















VI- Bibliografía:

- Historia do bádminton: 


- Instalacións e material: 


- Regulamento do bádminton:


- Técnica de bádminton:


- Táctica de bádminton: 


















































































































































































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Planificación: los contenidos

CONTENIDOS DE TÉCNICA BÁSICOS PASE: . Pase estático . Pase en movimiento.  . Pase largo. . Paso corto.  . Mirar antes de pasar.  . Pases con...